Os males da
envexa
Marisa fuxía,
temía pola súa vida, corría como nunca antes o fixera. Tiña medo de que os seus
secuestadores estivesen a perseguila, mais non sabía o que acontecería ao xirar
a seguinte esquina do edificio. Ao facelo, encontrouse nun canellón sen saída.
Unha única persoa se achaba nel. Marisa recoñeceuna. Agradecendo a súa sorte
por atoparse con alguén coñecido, acercouse. A persoa sostiña algo. Marisa non
distinguía qué na escuridade. Levantou o obxecto e ela entón notou unha forte
dor. Despois, todo se volveu negro.
Ao día seguinte,
os axentes de policía atoparon o seu corpo sen vida e, ao seu lado, un coitelo.
Marisa, unha modelo de fama internacional, levaba dous meses desaparecida.
Segundo parecía, lograra escapar dos seus secuestradores; pero, ou estes
volveron a encontrala ou ela atopara un inimigo peor. Sen saber como actuar, a
policía contactou co detective Castellan, quen aceptou o caso de inmediato.
O primeiro que
fixo Castellan foi informarse da vida da vítima e dos plans desta para o futuro.
Marisa
traballaba cunha axencia de modelos. Segundo o director desta, esta ía ser
escollida como a modelo principal nun importantísimo desfile. Debido á súa
desaparición, o seu posto fora asumido pola súa mellor amiga, quen estaba moi
afectada pola súa morte.
O director tamén
lle advirtiu que a empresa de modelos era un negocio moi competitivo.
O detective
Castellan decidiu ir falar coa mellor amiga da vítima, a señorita Grace.
O señor Grace
abriulle a porta e deixouno pasar.
A señorita Grace
parecía verdadeiramente afectada, pero contestou todas as preguntas do
detective. Díxolle que, como a axencia lle dera vacacións a todos os seus
empregados, pasaba a maior parte do tempo na casa. Despois, a señora Grace, a
súa nai, entrou no salón e o detective decidiu facerlle algunhas preguntas
tamén.
—Coñecía á
señorita Marisa?
—Claro, era a
mellor amiga da miña filla e, aínda que ela non queira admitilo, tamén a súa
rival —contestou, e engadiu con superioridade—. Ela nunca supuxo unha ameaza
para a miña filla. Era moito máis fea e carecía de talento.
—Sabía que
Marisa sería a estrela do desfile? —preguntou Castellan.
A señora Grace
apertou os labios e contestou:
—O meu marido,
que traballa na axencia, contoumo. Algunha pregunta máis?
Castellan negou coa
cabeza e saíu do salón. O señor Grace acompañouno á saída. Antes de irse, o
detective fíxolle unha última pregunta:
—Que facía
vostede a noite do asasinato?
—Estaba
traballando na axencia —contestou enfadado, e cerrou a porta.
Castellan foi de
inmediato á comisaría. Descubrira o asasino.
Ao chegar, falou
directamente co xefe de policía.
—O culpábel é a
mesma persoa que mandara o secuestro de Marisa e, ao saber que escapara,
decidira eliminala persoalmente. É unha persoa que me mentiu e non ten unha
coartada. Alguén que non podería estar traballando, xa que a axencia lle dera
vacacións a todos os empregados. Tiña envexa porque desexaba o posto de Marisa
para a súa filla. O noso asasino é o señor Grace.