Limiar

Limiar

Principiemos por entoar un mea culpa, conscientes de activarmos este noso blog case co inicio dun novo ano, e non dun novo curso, tal...

luns, 17 de febreiro de 2020

CONCURSO DE MUSICAIS, ENTROIDO 2020

CONCURSO DE MUSICAIS, ENTROIDO 2020


 Como concursar?

  1. Tedes 10 fotos de musicais.
  2. Pensade e observade ben.
  3. Cales son os nomes destes 10 famosos musicais?
  4. Repara en que pertencen a diferentes épocas...
  5. Enviade a solución á seguinte dirección de correo: biblionavegantesblog@gmail.com
  6. O/A gañador/a recibirá dous bibliopuntos! Lembrade que ao final do curso haberá agasallos para os que máis teñan!!!!!


Musical 1

Musical 2

Musical 3

Musical 4

Musical 5

Musical 6

Musical 7

Musical 8

Musical 9

Musical 10

mércores, 26 de xuño de 2019

Agasallad@s polos Bibliopuntos 2019



Parabéns a todos/as os participantes nas tarefas propostas desde a Biblioteca Navegantes I.E.S.Canido e moi especialmente ás tres premiadas. Aquí as vemos cuns agasallos por seren as que máis bibliopuntos obtiveron neste curso escolar.

Felicidades!! Vémonos o ano que vén.

mércores, 22 de maio de 2019

Concurso Gremio de Mareantes 2



     Esta presa ofrece fermosas fervenzas e foi construída en tempos de Alfonso XIII para darlle enerxía a unha Real Fábrica de Moedas. Recoméndovos facer esta ruta, que é descendente e fácil para os que non estamos moi acostumados a andar, a vexetación é fantástica, e por ela pasamos por muíños e demais construcións e industrias de carácter fluvial (presas, pontes,...).

a) De que presa e de que río falo? 
b) En que provincia galega estou?
c) Por que concellos pasa o río?
d) Á parte da fabricación de moedas e da fabricación de diversos materiais para a Armada, que outra industria se desenvolveu na zona?
e) En que ría desemboca?


mércores, 20 de marzo de 2019

Concurso "Gremio de Mareantes" (2)



Fíxate ben que pon á esquerda da casa pintada de verde. Resultarache familiar, polo menos o nome. É ou non é? O caso é que a nosa pirata favorita, Dentefanado, noutro paseo por Ferrol deu con esta casa. Saberías onde está? Dínolo e acharás a túa recompensa. Participa! 

Por se aínda non che quedou o suficientemente claro, deixámosche estas dúas novas fotografías do mesmo motivo. 




Adiviña o filme




ADIVIÑA O FILME
SEGUNDO AS EMOTICONAS

O Cibrán, o Bocas e o Milhomes do filme A esmorga, de Ignacio Vilar






A nosa proposta son 156 filmes. Todo un desafío, non cres? Pero perde coidado. Quen dixo que era difícil! Para superares a proba só precisas entregar por escrito o nome de, cando menos, 30. Que che parece? A entrega formalizarase de maneira individual, aínda que o realicedes en grupo. 

Como axuda, tendes nun sobreciño os nomes dos filmes que aparecen nos emojis.






xoves, 31 de xaneiro de 2019

Concurso "Gremio de Mareantes" (1)



Onte, o mareante Dentefanado estivo contemplando a seguinte placa conmemorativa, da cal tirou esta foto. Onde cres que estivo? Se o xulgas oportuno, consulta na biblioteca do instituto o manual Ferroláns na Historia da Literatura Galega (834/DAC/fer). E é que, como ben sabes, todo esforzo ten a súa recompensa. 



SOLUCIÓN: 

Trátase da casa natal de Xosé Fontenla Leal, localizada na praza da Tafona de Canido, ao inicio da rúa da Estrela, en Ferrol. Xosé Fontenla Leal, sendo un rapaz de catorce anos, emigrou a Cuba e traballou de litrógrafo na Habana. Alí, axiña, tomou contacto coa colectividade galega e foi tomando conciencia de arredor dese grupo de persoas, así como de intelectuais galegos (Manuel Murguía, Curros Enríquez...) que visitaban a capital antillana. De feito, foi un dos impulsores de que a Real Academia Galega se chegase a fundar, ao mesmo tempo que se sumou á necesidade de que Galiza posuíse un himno apropiado que a representase e de que contase cunha bandeira. Foi tamén promotor na construción do espléndido Centro Galego da Habana, da "Revista Galicia" e, igualmente, grazas a el foron editadas moitas obras importantes da nosa literatura. En definitiva, Xosé Fontenla Leal foi un benfeitor das nosas letras e galeguista convicto.      

Unha de piratas





Unha pirata moderna 


Blake colocou correctamente os seus lentes na recta ponte do seu nariz. Fixouse en que o teclado e a pantalla estivesen aliñados e no seu lugar. Preparou os programas e códigos necesarios e puxo mans á obra. 

Os seus dedos movíanse rapidamente pulsando teclas e movento o rato; parecía que xa sabía o que tiña que facer para conseguir o seu obxectivo. Copiou códigos, abriu ventás, repasou números… 

Ao cabo de dez minutos tiña aberta a base de datos do banco. Buscou a lapela co nome de Janson Cooper. Pasou o diñeiro da súa conta para unha co nome de Dana Johnson en Suíza e apagou o ordenador. Recostouse na cadeira de oficina e sorriu sutilmente. 

Por fin Janson tivo o seu merecido, como moitos outros homes. 



Alba Díaz-Caneja López, 2ºESO A