Limiar

Limiar

Principiemos por entoar un mea culpa, conscientes de activarmos este noso blog case co inicio dun novo ano, e non dun novo curso, tal...

luns, 12 de xuño de 2023

Día de Rosalía

 

(febreiro de 2023)

Velaquí outro ano máis para celebrarmos o Día de Rosalía. Mostras da súa obra, así como dúas unidades didácticas, unha sobre Cantares gallegos e outra sobre Follas novas, as cales foron traballadas por parte do alumnado, foron motivo da exposición instalada na Biblioteca.  





Entroido na Biblioteca

 

(febreiro de 2023)

Como é habitual na nosa programación de Biblioteca, tamén o Entroido ten cabida. Á parte das actividades propias do Club de Lectura, asociadas con esta celebración, houbo ocasión de convocar un concurso de receitas de larpeiradas propias deste tempo. Velaquí unha mostra. 

E máis saborosas mostras que, con posterioridade a ser entregados os premios, tivemos oportunidade de degustar. 

Todas as sobremesas, como se pode comprobar, van acompañadas da súa receita, tal e como se reflectía nas bases do concurso. 





Día da Non Violencia e a Paz / Día do Holocausto

 

(xaneiro de 2023)

De igual maneira que outros anos, rendemos homenaxe unha vez máis a esta efeméride. Así mesmo, introducimos tamén a homenaxe a Amada García, fusilada no Castelo de San Filipe de Ferrol. Sucedeu o 27 de xaneiro de 1938. Grávida de seu fillo Gabriel, agardouse a que dese a luz para poder ser executada. Sometida no seu momento a Consello de Guerra, o xuízo estivo cheo de irregularidades e falsidades, mesmo houbo actos solidarios por parte dos presos no castelo. 

Velaquí unha mostra de máis fotografías relacionadas coa represión exercida durante a ditadura, ademais doutras sobre o Holocausto ou Sohá. 





Aniversario do Prestige

 

(13 de novembro de 2002)

O 13 de novembro de 2002 afundía diante das nosas costas o buque petroleiro Prestige. A catástrofe ambiental que trouxo consigo o espallamento de millares de toneladas de fuel durou anos, alén das consecuencias socio-económicas que terminou por xerar. 

Sendo o vixésimo aniversario de tan tráxico e importante suceso, non podiamos obviar data de tal renome. Esta foi a nosa pequena homenaxe-recordatorio realizada desde a nosa biblioteca. Á vista, algunhas das publicacións ao respecto. 





mércores, 7 de xuño de 2023

Samaín

 

(Samaín 2022)

Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa en que os celtas conmemoraban a mudanza de estación (de verán a inverno). Una data que coincidía co final da temporada da colleita e se daba comezo a un novo ciclo.

Mais, aínda que pareza que todo estaba bañado por un ambiente festivo, o certo é que o Samaín garda un lado do máis escuro. Acreditábase en que, durante esa noite, as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos. Os mortais utilizaban máscaras e disfraces co fin de espantar os espíritos malignos. Tamén deixaban alimentos nas portas das casas para contentar os mortos. De aí que agora os nenos xoguen a ‘Truco ou trato?’ en Halloween. Igualmente, era habitual deixar o lume aceso e a mesa sen recoller despois da cea, por se os fantasmas entraban nos lares.


Velaquí algunhas fotografías da nosa peculiar celebración do Samaín, tamén de arredor das letras e, por tanto, das lecturas.






Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán

 

(maio de 2022)

Neste ano 2022, o poeta valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas. Nacido en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, a súa poesía trata sobre a paisaxe comarcal, o mundo do viño, con poemas de xénese báquica, con composicións de xorne vangardista, hilozoísta sobre todo, pero tamén con outras de raíz máis social. O exilio americano, México concretamente, facilitará que poida traballar a prol de Galiza coa liberdade que na terra faltaba. 


Velaquí a mostra da nosa tradicional exposición con libros do propio autor e outros que glosan a súa obra desde diversas ópticas. 



Tal como acostumamos, o alumnado tivo que responder a un cuestionario sobre preguntas relativas ao autor motivo do Día das Letras, tanto da nosa exposición particular como da pendurada no corredor da planta baixa do centro. 



Día Internacional da Muller

(8 de marzo de 2022)


Un ano máis celebramos o Día Internacional da Muller na nosa biblioteca cunha pequena exposición de libros e publicacións xerais acerca desta efeméride. Así mesmo, botamos man duha serie de notas sobre o significado desta afamada xornada.