Limiar
Limiar
Principiemos por entoar un mea culpa, conscientes de activarmos este noso blog case co inicio dun novo ano, e non dun novo curso, tal...
mércores, 7 de xuño de 2023
Día de Rosalía
Día das Letras Galegas : Ricardo Carvalho Calero (2020) / Xela Arias (2021)
martes, 6 de xuño de 2023
Día Internacional da Muller
Día da Non Violencia e a Paz / Día do Holocausto
(xaneiro 2020)
Máis fotografías...
martes, 9 de febreiro de 2021
Eu, un pirata moderno
Os meus compañeiros e mais eu tirabamos
das cordas para izar as velas. Tiña o corazón a cen por hora. Esta era a miña
primeira vez nunha nave tan importante como aquela. Aquí só estaban os mellores
piratas do mundo, os xefes dos sete mares. Todos eles eran fortes e tiñan
parches nos ollos ou patas de pau. Eu non era así, non era forte e tiña os dous
ollos e as dúas pernas. Sendo sincero, non sabía por que estaba alí, só que
recibira unha invitación do capitán para formar parte da súa tripulación.
Estaba decidido a pescudar a causa da súa invitación. Non eran as miñas
habilidades nin a miña experiencia a razón.
Pasaron os días entre os bambeos do
barco no mar ata que unha mañá escoitamos un berro:
—Terra á vista! Terra á vista!
Corremos cara á proa do barco e alí
estaba: unha fermosa masa verde de terra.
Cando chegamos preto da costa,
baixamos nas balsas á praia. Aínda que descoñecía o meu papel no equipo,
compartía a emoción dos meus compañeiros. O tesouro tiña que estar preto. Entón
produciuse outro berro, pero esta vez os demais non podían escoitalo.
—A cear! —dixo a voz da miña nai.
—Xa vou! —contestei-.
Cunha gran dor, pechei o libro e
coloqueino no estante. Seguía coa intriga de saber por que o invitara ao barco
e, aínda que eu non era o pirata, sentíame como se o fose. Como se eu fose unha
especie de pirata moderno.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Contos policiais: Ángela Monteagudo León (2ºESO A/B)
Os males da
envexa
Marisa fuxía,
temía pola súa vida, corría como nunca antes o fixera. Tiña medo de que os seus
secuestadores estivesen a perseguila, mais non sabía o que acontecería ao xirar
a seguinte esquina do edificio. Ao facelo, encontrouse nun canellón sen saída.
Unha única persoa se achaba nel. Marisa recoñeceuna. Agradecendo a súa sorte
por atoparse con alguén coñecido, acercouse. A persoa sostiña algo. Marisa non
distinguía qué na escuridade. Levantou o obxecto e ela entón notou unha forte
dor. Despois, todo se volveu negro.
Ao día seguinte,
os axentes de policía atoparon o seu corpo sen vida e, ao seu lado, un coitelo.
Marisa, unha modelo de fama internacional, levaba dous meses desaparecida.
Segundo parecía, lograra escapar dos seus secuestradores; pero, ou estes
volveron a encontrala ou ela atopara un inimigo peor. Sen saber como actuar, a
policía contactou co detective Castellan, quen aceptou o caso de inmediato.
O primeiro que
fixo Castellan foi informarse da vida da vítima e dos plans desta para o futuro.
Marisa
traballaba cunha axencia de modelos. Segundo o director desta, esta ía ser
escollida como a modelo principal nun importantísimo desfile. Debido á súa
desaparición, o seu posto fora asumido pola súa mellor amiga, quen estaba moi
afectada pola súa morte.
O director tamén
lle advirtiu que a empresa de modelos era un negocio moi competitivo.
O detective
Castellan decidiu ir falar coa mellor amiga da vítima, a señorita Grace.
O señor Grace
abriulle a porta e deixouno pasar.
A señorita Grace
parecía verdadeiramente afectada, pero contestou todas as preguntas do
detective. Díxolle que, como a axencia lle dera vacacións a todos os seus
empregados, pasaba a maior parte do tempo na casa. Despois, a señora Grace, a
súa nai, entrou no salón e o detective decidiu facerlle algunhas preguntas
tamén.
—Coñecía á
señorita Marisa?
—Claro, era a
mellor amiga da miña filla e, aínda que ela non queira admitilo, tamén a súa
rival —contestou, e engadiu con superioridade—. Ela nunca supuxo unha ameaza
para a miña filla. Era moito máis fea e carecía de talento.
—Sabía que
Marisa sería a estrela do desfile? —preguntou Castellan.
A señora Grace
apertou os labios e contestou:
—O meu marido,
que traballa na axencia, contoumo. Algunha pregunta máis?
Castellan negou coa
cabeza e saíu do salón. O señor Grace acompañouno á saída. Antes de irse, o
detective fíxolle unha última pregunta:
—Que facía
vostede a noite do asasinato?
—Estaba
traballando na axencia —contestou enfadado, e cerrou a porta.
Castellan foi de
inmediato á comisaría. Descubrira o asasino.
Ao chegar, falou
directamente co xefe de policía.
—O culpábel é a
mesma persoa que mandara o secuestro de Marisa e, ao saber que escapara,
decidira eliminala persoalmente. É unha persoa que me mentiu e non ten unha
coartada. Alguén que non podería estar traballando, xa que a axencia lle dera
vacacións a todos os empregados. Tiña envexa porque desexaba o posto de Marisa
para a súa filla. O noso asasino é o señor Grace.
Contos policiais: Ángela Monteagudo León
Os sucesos do 22
Sorprendeume escoitar o pitido do antigo teléfono fixo. Había anos que non me chamaban a ese número, máis ou menos dende que abandonara o oficio de detective. Acerqueime ao aparello e descolguei.
—Quen é? —preguntei.
—Son o axente Willians. Chámoo por un caso que nos gustaría que aceptase —contestou unha voz grave.
—Hai anos que non acepto ningún caso, señor Williams. Estou xubilado.
—Aínda así, gustaríanos que o pensase —replicou; despois, preguntou—. Podería vir vostede á comisaría para falar connosco, se fose tan amábel?
—Podería —aceptei.
—Mañá ás cinco, entón. Moitas grazas —dixo, e colgou.
Deiteime intrigado e tardei en durmir.
Ás catro e media do día seguinte saín da casa para chegar puntual á comisaría.
O secretario pediume que pasase a un despacho. Neste, un home home fornido esperaba por min.
—Bo día —saudou o axente Williams.
—Cal é o caso que me ofrece? —dixen perdendo os modais a causa da curiosidade.
—Escoitou falar vostede dos sucesos de cada 22? —preguntou.
—Quen non? —contestei; e engadín emocionado—. É este o caso?
O axente sorriu, o que confirmou as miñas sospeitas.
Os días seguintes paseinos entre altas columnas de papeis coas que me documentaba acerca del. Este trataba dunha serie de atracos a un banco, producidos dende hai seis meses, o día 22 de cada un. Os roubos realizábanse sempre pola noite, cando só os gardas de seguridade estaban dentro. Despois de cometidos os dous primeiros, a policía perimetrara pola noite o banco, pero estes seguían producíndose. Os axentes aseguraban que ninguén entrara en ningún momento ao edificio. As cámaras de seguridade do interior non mostraban ningunha actividade inusal: só os gardas vixiando, camiñando polos corredores ou, nalgúns momentos, nunha pausa para iren aos servizos. O diñeiro roubado fora sempre das caixas fortes dos clientes máis ricos. E a única entrada a estas eran os condutos de ventilación.
O terceiro día de investigación, dei co culpable e acudín á comisaría para informar o axente Williams.
—Quen foi? —preguntou cando entrei no seu despacho.
—As contas baleiradas eran sempre dos clientes máis adiñeirados, o que significa que o ladrón coñecía a quen conviña roubar —empecei—. Tamén sabemos que ninguén entrou no edificio as noites dos atracos, o que significa que o ladrón xa estaba dentro —continuei—. E coñecemos que as únicas persoas gravadas polas cámaras son os gardas, os cales desaparecen da vista ao iren ao servizo. Paréceme un bo momento para entrar no conduto de ventilación e chegar ao diñeiro, no cre?
O axente mandou buscar na casa dos gardas e alí, como doutro modo non podía ser, atoparon o diñeiro. Eu, mentres, volvín á tranquilidade da miña xubilación.
-
Os males da envexa Marisa fuxía, temía pola súa vida, corría como nunca antes o fixera. Tiña medo de que os seus secuestadores estiv...
-
Fíxate ben que pon á esquerda da casa pintada de verde. Resultarache familiar, polo menos o nome. É ou non é? O caso é que a nosa pirat...
-
Os sucesos do 22 Sorprendeume escoitar o pitido do antigo teléfono fixo. Había anos que non me chamaban a ese número, máis ou menos de...























