Limiar

Limiar

Principiemos por entoar un mea culpa, conscientes de activarmos este noso blog case co inicio dun novo ano, e non dun novo curso, tal...

xoves, 15 de xuño de 2023

O noso apartado lúdico: a ludoteca


(carriño coas novas adquisicións 2023)

A nosa Biblioteca escolar vai incrementando aos poucos os seus xogos de mesa. Firmes defensores do espazo e tempo de lecer, tan necesarios dentro da comunidade educativa, seguimos fieis á idea de conseguir un fondo de xogos de diversa natureza con que enganchar, basicamente, o alumnado. A función do profesorado, con todo, é esencial nos primeiros momentos, á fin de atinxir esa dinámica lúdica que nos desligue a todos de maneira eficaz na excesiva utilización de elementos electrónicos. 




Relación fotográfica de diversos xogos, tanto dos adquiridos ultimamente como doutros que xa tiñamos.



Algúns elementos do xadrez, vellos e novos. Os cronómetros foron adquiridos neste curso para así poder levar a cabo o campionato de xadrez. 


Esta é a relación de xogos adquiridos no curso 2022-2023: 
  1. Virus
  2. Taco Gato Cabra Queso Pizza 
  3. Suchi Go
  4. Misión Rescate
  5. Hombres Lobo de Castronegro
  6. Jungle Speed
  7. No, gracias
  8. Slapzi
  9. Cubirds
  10. La morada maldita
  11. Unánimo Party
  12. Pelusas
  13. Pepinillo
  14. Little Secret
  15. Dixit





luns, 12 de xuño de 2023

Día da Poesía 2023

 


Con motivo do Día da Poesía, efeméride que se vén celebrando desde 1999 por iniciativa da UNESCO, celebramos a través do noso centro, e da Biblioteca, dita xornada. A elaboración de poemas a cegas, en que cada alumno tivo que elaborar un verso, deu lugar a poemas como os aquí fotografados. 



Día das Letras Galegas 2023

(Día das Letras Galegas 2023)

Este ano, Francisco Fernández del Riego foi o escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Velaquí un fermoso retrato realizado polo alumnado de Plástica. Desde a Biblioteca, ademais de elaborarmos o noso tradicional cuestionario relativo á exposición xeral pendurada no corredor da planta baixa, levamos a cabo a nosa tradicional exposición. 
 


Velaquí a nosa exposición da Biblioteca. Varios exemplares pertencentes ao autor homenaxeado, así como enciclopedias e libros especializados glosando a súa obra puideron ser contemplados durante varias semanas. 




Día do Libro

 

(Día do Libro 2023)

O Día do Libro é unha efeméride internacional que vén coincidir co de San Xurxo, isto é, o 23 de abril. Cervantes e Shakespeare morren ese mesmo día de 1616, de aí a UNESCO tomalo como xornada de celebración para fomento da lectura, da propiedade intelectual, por medio dos dereitos de autor, e da industria editorial. 


Velaquí uns fermosos lotes de libros que, grazas á nosa fugoteca, foron ofrecidos polo barrio á veciñanza como acto de celebración deste 23 de abril. Con anterioridade, houbo tamén oportunidade de que o profesorado puidese adquirir exemplares en troco de alimentos para a Cociña Económica. 




Día Internacional da Muller 2023

 

(marzo de 2023)

No Día Internacional de Muller cómpre resaltar a figura de moitas mulleres que fixeron e fan parte da nosa historia e da nosa cultura. Esta pequena exposición é unha mostra desta realidade. En suma, mulleres de aquén e de alén que contribuíron a dignificar o seu papel na sociedade. 


Seleccionamos aquí unha serie de fotografías que dan idea deste labor exitoso exercido por mulleres en diferentes campos sociais e culturais. 







Día de Rosalía

 

(febreiro de 2023)

Velaquí outro ano máis para celebrarmos o Día de Rosalía. Mostras da súa obra, así como dúas unidades didácticas, unha sobre Cantares gallegos e outra sobre Follas novas, as cales foron traballadas por parte do alumnado, foron motivo da exposición instalada na Biblioteca.  





Entroido na Biblioteca

 

(febreiro de 2023)

Como é habitual na nosa programación de Biblioteca, tamén o Entroido ten cabida. Á parte das actividades propias do Club de Lectura, asociadas con esta celebración, houbo ocasión de convocar un concurso de receitas de larpeiradas propias deste tempo. Velaquí unha mostra. 

E máis saborosas mostras que, con posterioridade a ser entregados os premios, tivemos oportunidade de degustar. 

Todas as sobremesas, como se pode comprobar, van acompañadas da súa receita, tal e como se reflectía nas bases do concurso.